+034 986 09 02 04 Domingo 18 de Agosto de 2019

PRESENTACIÓN DO XIX FESTIVAL XIRONSA


  • Fátima Abal acompañada pola deputada de Cultura Vitoria Alonso presentaron o XIX Festival Xironsa.
  • O festival terá lugar en Corvillón – Cambados os días 30 e 31 de agosto

Hoxe tivo lugar a presentación da XIX edición do Festival Xironsa no Salón de Plenos do Concello de Cambados, nesta presentación a alcaldesa Fátima Abal contou coa presenza de Vitoria Alonso deputada de Cultura.

Este ano como anos anteriores contaranse con varios concertos nos dous días de duración do Festival, ademais do xantar Xironsa, xogos tradicionais, unha feira artesán contarase con distintos postos de comida e a realización dun mural en vivo.

Ao longo dos días transcorrerán varias actuacións con pasarrúas, actuacións na sesión vermú e con concertos pola tarde, sen esquecernos das actuacións nocturnas na que o venres pola noite podemos contar con SES, XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DA SALITRE, LEIRABUXO,SRA DJ, e na noite do sábado actuarán OS RESENTIDOS, XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA, XIRONSA, TREBOADA ROCK, SRA. E SR. DJS.

A alcaldesa Fátima Abal agradece aos organizadores e colaboradores a realización deste tipo de eventos, que está claro que son todo un éxito, só basta con comprobar que esta xa é a súa dezanove edición e isto non seria posible sen un gran traballo dos organizadores e a resposta do público e anima a todos e a todas a que gocen destas actuacións, e como novidade este ano contarase con un Punto Morado para  axudar e informar as mulleres da mesma maneira que se contou na Festa do Albariño,  e recomenda prudencia para que sexan uns días inesquecibles e lémbrense pola diversión e o entretemento e non por outros motivos menos agradables.

Fátima Abal deséxalles que o tempo acompañe este evento e que teñan unha gran acollida e unha gran afluencia de público, como foi o caso das Festas do Albariño no que este ano se bateron todos os récords e seguro que neste Festival XIX Xironsa ocorrerá o mesmo.

Deja un comentario