+034 986 09 02 04 Sábado 30 de Maio de 2020

CAMPAÑA REPARA EN… NO CAMPAMENTO MUNICIPAL DE VERÁN DE CAMBADOS


No día de onte os concelleiros Cruz Leiro e Samuel Lago visitaron a os cativos que estiveron realizando unha serie de actividades no Campamento Municipal de Verán, que se celebra no Complexo Deportivo O Pombal, polo cal o Concello de Cambados intenta a través de estas actividades promover e sensibilizar e concienciar aos máis cativos da importancia de coidar do noso entorno e medio ambiente en xeneral.

Nestas actividades programadas dentro da campaña REPARA EN… realizáronse xogos e obradoiros co obxectivo de concienciar e sensibilizar aos nenos e nenas de diferentes idades sobre a redución e re utilización de residuos, a diminución do desperdicio alimentario, a compostaxe, ou a economía familiar. Para este deseñáronse seis paneis con información sobre que facer cos residuos municipais e como promover accións que camiñen cara o vertido técnico cero. Para conseguilo, á hora de consumir -por exemplo- débense cambiar comportamentos como apostar polo consumo local, os produtos de tempada e o uso de envases retornables.

Unha das mensaxes que se trasladou a través das actividades foi a importancia de reducir os residuos e reutilizar os produtos. Algúns consellos que se poden adoptar son usar menos envases e apostar pola compra a granel ou as cantidades que se precisen; facer uso dos mercados de segunda man para produtos como os aparellos electrónicos, libros, xogos…; ou doar roupa, calzado e obxectos que, estando en boa estado, non se usen.

En canto o diminuír o desperdicio alimentario pode conseguirse con pasos sinxelos como: planificar os menús, conservar a comida sobrante e aproveitala para outras receitas; se comes fóra da casa, prepara o teu propio recipiente para axustar a cantidade de comida e, no caso de comer nun restaurante, podes pedir a comida e a bebida sobrante.

E tamén se explicou que coa compostaxe-individual, comunitaria ou industrial- péchase o círculo da materia orgánica e aporta fertilidade ao solo.

Deja un comentario