+034 986 09 02 04 Sábado 07 de Decembro de 2019

O II OUTLET CAR SILLEDA ABRIRÁ A TEMPADA DE FEIRAS DO VEHÍCULO DE OCASIÓN EN GALICIA DO 6 AO 8 DE SETEMBRO


A EXPOSICIÓN CONTARÁ CON MÁIS DE 500 VEHÍCULOS SEMINOVOS, KM 0 E DE SEGUNDA MAN

Tras o éxito da súa primeira edición, o salón Outlet Car Silleda volverá celebrarse no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA do 6 ao 8 de setembro.

Organizada por OK Eventos, será a primeira feira do vehículo de ocasión da tempada en Galicia e contará cunha gran exposición na que se mostrarán máis de 500 vehículos seminovos, quilómetro cero e de segunda man.

Nesta segunda convocatoria participará unha vintena de empresas de distintos puntos de Galicia, entre oficiais e compravendas multimarca. Todas elas ofrecerán condicións e prezos especiais para este evento.

Os visitantes poderán escoller entre unha ampla variedade de marcas e modelos, con opcións económicas e tamén vehículos de alta gama. A mostra estará situada no pavillón 1 do recinto, o cal conta con 11.000 metros cadrados.

O custo da entrada será de 3€ por persoa e día, aínda que os menores de 16 anos poderán acceder de forma gratuíta. O horario de apertura da feira, que contará con servizo de restauración, será de 10.00 h a 20.00 h os tres días.

Primeira cita con bos resultados

O Outlet Car Silleda celebrou a súa primeira edición en setembro do ano pasado con bos resultados tanto de público como de vendas.

Así, foron máis de 4.000 persoas as que visitaron o evento e algo máis de 140 os vehículos vendidos, a maioría durante a súa celebración pero tamén nos días posteriores co peche de operacións nos concesionarios.

Deja un comentario