+034 986 09 02 04 Venres 25 de Setembro de 2020

CARBALLEDO ACOLLE O SEU TRADICIONAL VERÁN CULTURAL CON 14 ACTIVIDADES DE LECER EN ONCE XORNADAS


Haberá o Día Neno con múltiples xogos, competicións deportivas de carrilanas e fútbol e homenaxe a Ricardo Portela cun festival folclórico

O Concello de Cerdedo-Cotobade xa ten pechada a segunda fase do Verán Cultural 2019, que se celebrará ao longo do presente mes en Carballedo e a súa contorna e que contará con 14 actividades de lecer que se desenvolverán en once xornadas. A tradicional programación estival arrancará este venres 9 de agosto coa feira mensual e prolongarase ata o vindeiro luns 19.

Tras a primeira xornada co mercadiño, o sábado 10 celebrarase a terceira edición da Baixada de Carrilanas de San Xusto –con inscricións abertas ata o día anterior– ás 16.00 horas e o arranque do Torneo de Fútbol de Veteranos dende as 19.00 horas no campo das Extremas. Para completar a primeira fin de semana, o domingo celebrarase unha actividade de rastrexo con brúxula e GPS que comezará ás 11.00 horas na Praza do Concello.

A semana central do Verán Cultural arrancará o luns coa proxección de cine “Hotel Transilvania
3” ás 21.30 horas na Praza da Biblioteca e, ao día seguinte, terá lugar a primeira sesión de teatro
coa representación da peza “O pozo das señoras”, da compañía Rinlo e Penadique, dende as
20.00 horas na Praza do Concello.

No ecuador da semana, o mércores 14 haberá a tradicional churrascada organizada pola
Asociación Cultural de San Miguel de Carballedo seguida do concerto de La Franga, sobre as
21.30 horas, na Praza da Chan. Á mesma hora continuará a competición de fútbol veterano.

O xoves 15, xornada festiva, celebrarase a actividade “Camiñando baixo as estrelas”, que consistirá nunha andaina nocturna e visita ao Observatorio do Coirego con saída ás 21.00 horas da Praza do Concello e, xa o venres de San Roque, terá lugar a tradicional ofrenda floral a Ricardo Portela diante do seu busto e un posterior festival folclórico coa actuación dos grupos locais Os Trazantes de Tenorio, Os Abrentes de Cerdedo, Foula e Os Afoutes do Canón de Pau.

O sábado 17 será o Día do Neno, que comezará ás 16.00 horas na Praza da Chan e que contará con inchables, varredora humana, A Illa do Tesouro, pista de obstáculos, megatobogán de auga, tobogán-volcán de auga, zona de xogos familiares, obradoiros de chapas, chaveiros, pulseiras e

globoflexia, posto de algodón de zucre e, para rematar, festa da escuma e discoteca móbil infantil.

Finalmente, o Verán Cultural 2019 botará o seu peche co espectáculo de maxia infantil “Adivina Que!”, de Adrián Conde, ás 21.00 horas na Praza da Biblioteca e a final do Torneo de Fútbol de Veteranos ás 19.30 horas nas Extremas –ambas o domingo 18– e coa peza teatral “Go On!”, da compañía Malasombra, ás 21.00 horas do luns 19 tamén na Praza da Biblioteca.

Deja un comentario