+034 986 09 02 04 Martes 17 de Setembro de 2019

O HUMORISTA PEPO SUEVOS E O DÚO MUSICAL “PRISMA” PROTAGONIZARÁN A “ FESTA DO RÍO” VERDUGO NA LAMA


 

Os asistentes poderán degustar gratuítamente mexillóns ao vapor e churrasco prezos populares, grazas á colaboración do equipo de fútbol local

O humorista Pepo Suevos e o dúo musical “Prisma” protagonizarán a Festa do Río Verdugo que organiza dentro do “Verán Cultural” o Concello da Lama este martes 13 de agosto a partir das 21 horas na praia fluvial.

A Festa do Río cambia o seu formato tradicional e transfórmase nun espectáculo nocturno para públicos de todas as idades onde o humor e a música de baile centran esta actividade festiva incluída no “Verán Cultural” que organiza o Concello da Lama.

Outra das novidades que presenta este ano a Festa do Río é a celebración dunha mejillonada popular gratuíta durante a cal o público asistente degustará este molusco preparado ao vapor. Ademais, os directivos do A Lama, S.D. colaborarán co éxito da festa coa preparación dun churrasco servido a prezos populares co fin de que a xente poida gozar do espectáculo e cear no recinto festivo.

O broche musical á xornada festiva estará protagonizado polo dúo “Prisma” que se encargará de animar a festa e a sobremesa para que os asistentes poidan bailar ao ritmo dos temas verbeneros máis actuais do momento.

Deja un comentario