+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

O CONCELLO DA LAMA DESTINARÁ UNHA SUBVENCIÓN DA SECRETARÍA DE ESTADO DE IGUALDADE A ACTIVIDADES CON ALUMNOS DO COLEXIO PARA PREVIR A VIOLENCIA DE XÉNERO


O Ministerio destinou 1.135,04 euros dentro do Pacto de Estado para campañas de sensibilización social e cidadá

 

O Concello da Lama recibe 1.135,04 euros do Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade (Secretaría de Estado de Igualdade), dentro do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, que serán destinados a programas de sensibilización social e cidadá que desenvolverá o Centro de Información á Muller (CIM) co alumnado do colexio lamense.

Estes fondos destínanse dentro do cumplimienot do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, asignados, vía transferencia finalista e directa, a través doutras Entidades Locais, aos concellos para programas dirixidos á erradicación da violencia de xénero, previstos na disposición final sexta da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2019.

O Concello da Lama destinará estes fondos recibidos á realización de programas co alumnado do CEIP da Lama que teñan como finalidade o desenvolvemento das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, en concreto, para a realización de campañas de sensibilización e prevención de calquera forma de violencia contra as mulleres.

Esta subvención permitirá aumentar as actividades que anualmente realiza o CIM da Lama no municipio destinadas a previr calquera forma de violencia de xénero e que teñen unha importante repercusión social no termo municipal.

Deja un comentario