+034 986 09 02 04 Venres 06 de Decembro de 2019

O CONCELLO COMPLETA A PRIMEIRA FASE DE DESBROCES EN TODO O CONCELLO NA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE SACOS


As actuacións no Cádabo, Santa María e Dorna concluiron con esta labor e xa se anuncia unha segunda rolda por todo o municipio

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de completar a primeira fase do plan municipal de desbroces e limpeza de pistas facendo un percorrido por todo o termo municipal cos traballos realizados nestes últimos días na parroquia de Santa María de Sacos. Deste xeito, o acondicionamento de cunetas e beiravías nas estradas municipais realizado nos lugares do Cádabo, Santa María e Dorna remataron co primeiro percorrido integral por todo o concello cunha actuación que beneficiou aos 82 quilómetros que conforman a rede da que é titular a administración local.

En calquera caso, e tendo en conta que as primeiras actuacións datan do comezo do verán, dende o goberno local anunciouse que vai comezar de inmediato unha segunda fase, que posiblemente chegará de novo a todo o concello ata finais do verán. “Hai zonas nas que xa medrou bastante a herba e a maleza e como a nosa intención é prestar sempre a mellor atención aos veciños imos seguir limpando todas as nosas estradas durante as vindeiras semanas cunha segunda fase que, dependendo das circunstancias, podería chegar de novo ás 21 parroquias”, detallou o alcalde, Jorge Cubela, que deixou claro que se actuará en toda s as zonas onde sexa necesario “para que as vías queden en perfectas condicións de cara ao inverno”.

O rexedor local quixo destacar o gran traballo realizado pola brigada municipal de Obras, “xa que actuaron de modo moi exhaustivo e con gran celeridade para limpar as pistas e mantelas cunha axeitada visibilidade e cuns bos parámetros de seguridade” e revelou que se vai seguir traballando nesta liña nas vindeiras semanas.

Deja un comentario