+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Novembro de 2019

LETE LASA DEFINE FORCAREI COMO “UNHA DAS MECAS EUROPEAS DO MOTOCICLISMO” A CINCO DÍAS DA PENÚLTIMA PROBA DO CAMPIONATO CONTINENTAL DE SUPERMOTO QUE A XUNTA PATROCINA CON 6.000 EUROS


Felicita a Gabriel Marcelli polo recentemente acadado campionato de Europa de Trial e di que son estes triunfos “os que animan a que aumenten as licenzas deportivas da federación que xa subiron un 15% no último ano”

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou no edificio da Xunta en Pontevedra o Gran Premio de España de Supermoto e cuarta proba do Campionato de Europa que se disputará “nunha das mecas europeas do motociclismo” como é o circuíto da Madalena de Soutelo de Montes (Forcarei) os vindeiros 24 e 25 de agosto e que contará cos mellores riders do mundo. Esta proba será a única do europeo que se leve a cabo en España xa que a anterior tivo lugar en Poznan (Polonia) e as dúas primeiras máis a última disputáronse en Italia.

Nas súas verbas, José Ramón Lete agradeceu o traballo da Federación Galega e ao Motoclub VFM que permiten que probas “de esta natureza” teñan lugar en Galicia e que os espectadores galegos teñan a posibilidade de ver en acción a “vinte participantes que veñen de Francia, Italia, Alemaña, Finlandia, Estonia, República Checa, Colombia, Brasil ou Portugal”·. A presencia galega estará garantida na manga paralela á internacional na que competirán outros pilotos nacionais e portugueses.

Do mesmo xeito, Lete Lasa fixo un percorrido polos últimos éxitos do motociclismo galego que atravesa un excelente momento e aproveitou para felicitar a Gabriel Marcelli polo recentemente acadado campionato de Europa de Trial. Son estes triunfos, dixo o secretario xeral, “os que animan a que aumenten as licenzas deportivas da federación que xa subiron un 15% no último ano”.

Sinatura coa presidenta do Motoclub VFM
O secretario xeral para o Deporte asinou tamén o contrato de patrocinio desta cuarta proba do Campionato de Europa de Supermoto coa presidenta da entidade vilagarciá, Sandra Fernández. Segundo o acordo asinado hoxe, a Xunta de Galicia outorga ao club a cantidade de 6.000 euros para a realización do evento.

Deja un comentario