+034 986 09 02 04 Domingo 20 de Setembro de 2020

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA LEVA A SÚA CAMPAÑA DE IGUALDADE AO ENTROIDO DE VERÁN DE REDONDELA


 

 

A institución provincial achegará o material de “EUDECIDOTIRESPECTAS” ao punto morado de información sobre as violencias machistas que instalará o Concello o sábado 24 de agosto

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, levará a súa campaña de igualdade “EUDECIDOTIRESPECTAS” ao Entroido de Verán de Redondela, que se desenvolverá esta próxima fin de semana. A institución provincial levará o material desta campaña ao punto morado de información sobre as agresións sexuais que o goberno municipal de Redondela instalará o día 24 de agosto, na praza do Concello, e que estará operativo desde ás 17 horas ata as dúas da madrugada.

A campaña “Lembra, eu decido, ti respectas” está dirixida á mocidade e amosa contidos diferenciados para mulleres e para homes, nos que se definen con claridade os límites ante posibles agresións, facendo fincapé en que son un delito e que a culpa nunca é da vítima. Con esta iniciativa preténdese concienciar á poboación máis nova da importancia das relacións en igualdade, así como previr e actuar contra as agresións sexuais categorizadas como violacións en cita ou agresións por submisión química.

A Deputación de Pontevedra desenvolveu este verán esta campaña de igualdade nos Festivais Rías Baixas e ofrece o seu material divulgativo para ser utilizado por todos os concellos e entidades que así o soliciten. Por exemplo, o pasado ano chegou a festivais e festas patronais dos concellos de Poio, Cangas, Ponte Caldelas, Lalín, Vilaboa, O Grove e Cuntis, entre outros.

Deja un comentario