+034 986 09 02 04 Luns 09 de Decembro de 2019

AS NEVES CELEBRA O II MERCADIÑO DA MAN QUE TI QUEIRAS O VENRES 23 E SÁBADO 24 NA CASA DA XUVENTUDE


Chega unha nova edición dunha iniciativa de fomento da economía circular que comezou a facerse nas Neves en setembro de 2018. Todo tipo de artigos de 2ª man, artesanía e demáis serán expostos e poderán ser mercados

O horario de apertura do mercadiño será tanto o venres como o sábado de 12:00 h a 20:00 h estando ubicado na Casa da Xuventude das Neves..

O Mercadiño inclúe varias actividades complementarias como son, unha Palestra sobre fotografía documental e medio ambiente de Delmi Álvarez o venres ás 12:30 h; é moi interesante, e está vinculado ás Neves. Tamén terá a Proxección do documental O Salto de Adrián González o venres ás 18:00 h. E xa por último haberá torneo de tenis de mesa os dous días con final o sábado ás 17:00 h.

Deja un comentario