+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Outubro de 2019

ESTE VENRES CHEGA PRADO SURF FEST Á PRAIA DE PATOS


O vindeiro venres 23 de agosto, Prado Surf Escola celebra o seu tradicional campionato de noveis e groms na Praia de Patos (Nigrán), unha festa que durará todo o día e na que haberá moito surf, música, mercadillo surfero de 2º
man e moito máis.

Tras o éxito da festa XX Aniversario o verán pasado, chega á praia de Patos o Prado Surf Fest. Hai anos xa que Prado Surf Escola, con 21 anos en activo, quere agradecer aos seus alumnos e familiares o seu apoio cun día para gozar en familia e amigos de moito surf, boa comida e música nunha contorna inigualable.

A xornada comezará ás dez da mañá co check in dos concursantes do campionato de surf e ao longo do día haberá actividades abertas ao público, como as clases de zoa con Bambú Nigrán ou a charla ambiental con CEMMA, ademais para os máis pequenos haberá espectáculo de maxia e festa da escuma na chaira de Patos. Este ano Prado Surf Fest contará tamén cun mercadillo de 2º man para que os asistentes poidan vender ou intercambiar o material de surf que xa non utilicen. Ademais, desde a 13:00 ata medianoite haberá foodtrucks e a posta de sol será amenizada por DJ Gus- G desde un autobús de dous pisos.

 

Os gañadores do campionato de noveis e groms, deste ano, levarán premios de tendas e marcas da zona, entre a que se atopan as lentes de sol de The Graphics Proyect, roupa de Vazva e Hi Surf e material técnico de Waira Surf. Ademais, varios restaurantes locais regalasen ceas para os gañadores. Prado Surf Fest non sería posible sen a axuda do Concello de Nigrán, Deputación de Pontevedra, a Federación Galega de Surf e Bodyboard, Louzao-Mercedes, Só Imprenta e Alumisel.

 

Prado Surf Escola nace no ano 1998 co propósito de promover e facer o surf accesible a todo o mundo en Galicia. Desde entón imparte clases de surf, pádel-surf, longboard e bodyboard durante todo o ano. Conta con varias escolas: Patos (Nigrán), A Lanzada (O Grove), Sabón (Arteixo) e Bastiagueiro (Oleiros), sendo Patos o centro principal.

Deja un comentario