+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Outubro de 2019

CORES TOURÍS COMPROBA A REFORMA DOS ASEOS DO CEIP VIÑAGRANDE DE DEIRO EN VILANOVA DE AROUSA


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou os case 44.000 euros destinados a esta obra coa que se continúa a mellorar este colexio do rural

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o CEIP Viñagrande de Deiro, acompañado do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e do xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, co obxectivo de comprobar as últimas melloras efectuadas neste centro educativo.

Tal e como puído comprobar o delegado territorial, estanse a executar traballos de reforma dos aseos, o que supuxo un investimento global de case 44.000 euros.

As obras realizáronse a raíz das deficiencias que presentaban los aseos tanto en funcionamento como hixiene, xa que non foron reformadas en ningún momento dende a súa construción. “Isto reflectíase en malos olores, perdas de fluídos e degradación do pavimento, polo que tomamos a decisión de priorizar estas obras de cara a mellorar a calidade do centro”, explicou Cores Tourís quen matizou que estas obras realizáronse en dúas fases, entre o ano pasado e este, chegando a un montante total de investimento de 135.000 euros.

Os novos aseos van dotados de inodoros e lavamáns con billas e no dos nenos, con urinarios a maiores. Cambiaranse tamén os pisos e os azulexos das paredes e instalarase nova fontanería, desaugadoiros, falsos teitos, luminarias e portas de acceso.

Os traballos permitirán reformar a totalidade dos aseos da planta alta, así como do cuarto de limpeza e os dos profesores que se atopan situados na planta baixa.

Nos últimos anos, a Xunta de Galicia investiu case un millón de euros nos distintos centros da localidade, dos cales, case 200.000 destináronse ao CEIP Viñagrande de Deiro, onde, ademais da mellora dos aseos que se está a realizar tamén se executou a reposición da cuberta e dos beirados, dos dinteis e a impermeabilización da fachada oeste.

Deja un comentario