+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Outubro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN COLABORA COS COMERCIANTES DA RAMALLOSA PARA OFRECER ESTE VENRES A PRIMEIRA EDICIÓN DO DESFILE ‘CAMIÑO DA MODA’


 

Unha decena de establécementos do núcleo urbano da Ramallosa presentarán as súas coleccións da vindeira tempada outono/inverno nun desfile no Pazo de Pías ás 20:00 horas

O Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra colaboran cos establecementos comerciais da Ramallosa para ofrecer este venres ás 20:00 horas no Pazo de Pías o primeiro desfile ‘Camiño da Moda’ no que una decena de tendas amosará ao público as súas coleccións para a vindeira tempada outono/inverno. O obxectivo é incentivar o consumo local e promover esta zona pola que transcorre o Camiño Portugués pola Costa. As próximas tendendias en moda infantil e xuvenil ou de cabaleiro e muller (incluído zapatería ou deportes) estarán representadas a través dos establecementos Bellma, Dorna, Duendes, Kids Invaders, Marengo, Más que Candelas, Mulé, Om Perfumería, Si Bwana, Silvana e Zig-Zag, ademais, e como invitados especiais, os mozos e mozas do C.E.E. Juan María desfilarán tamén para presentar a súa colección ‘Juan María by Lolola’. Con este evento colaboran tamén as perruquerías Socco, Gestido, Tetris, Dulce y Gamberro, Don e Dona e Lola Cabadas; as floristerías Casa Planta e Flor de Lis, e o propio Pazo de Pías cedendo o seu espazo.
Ao finalizar o desfile os comerciantes celebrarán un sorteo de regalos entre o público que teña invitación (as invitacións, que non son precisas para acudir ao desfile porque este é totalmente aberto ao público, están sendo repartidas entre os clientes dos comercios participantes para premiar a súa fidelidade, para participar no sorteo é preciso contar con ela e os interesados aínda poden pedilas nos propios comercios).
O obxectivo desta iniciativa promovida polos propios comerciantes e apoiada dende o consistorio é darlle continuidade a este evento e promover deste xeito o comercio téxtil da zona.

Deja un comentario