+034 986 09 02 04 Luns 01 de Xuño de 2020

O Goberno local avoga pola «xestión responsable» do Hospital do Salnés que garantice unha asistencia de calidade


Exemplo desa xestión é a apertura inmediata da terceira planta en situacións de sobresaturación a ou a oferta de habitacións individuais para mulleres de parto ou camas para os acompañantes dos enfermos en paliativos

De acordo co compromiso adquirido na última sesión plenaria, o goberno municipal elaborou a súa propia proposta sobre o mantemento da calidade do servizo no hospital do Salnés. Estando basicamente de acordo no fondo da moción do grupo socialista que quedou sobre a mesa, o equipo de Tomás Fole entende, sen embargo, que o pleno debe centrarse nunha manifestación de intencións que non transcenda das competencias municipais, cuestión da que ao seu xuízo adoece a moción socialista.
Por iso, a proposta do grupo popular ten dúas vertentes: por unha banda, avoga porque o pleno se manifesta a favor da xestión responsable do Hospital do Salnés «que garante a dotación tanto de recursos humanos e materias coma dos espazos necesarios, para cumprir os ratios estándares que dende as Sociedades Científicas Sanitarias Especializadas se recomendan para prestar unha asistencia sanitaria da máxima calidade posible».

Na segunda parte da proposta de resolución, o equipo de goberno pide que o pleno se manifeste a favor de recoñecer o traballo feito por todos os profesionais sanitarios e non sanitarios do Hospital do Salnés «que dende a súa apertura e ata o momento acadaron que sexa un referente en todos os ámbitos sanitarios».

Na súa exposición de motivos, o goberno local fai un repaso da evolución do centro hospitalario dende a súa apertura en 2001. Lembra as mobilizacións da cidadanía e os compromisos dos diversos gobernos de Galicia –ampliación do servizo de urxencias, bloque cirúrxico, servizo de partos e hospital de día, por exemplo- que por causas distintas –cambios de goberno, crise económica- non puideron levarse a cabo e que sen embargo agora si «fanse efectivos».
Subliña tamén a moción que, malia as dificultades dos últimos anos, o traballo do conxunto da plantel de conseguiu impulsar proxectos e recibir recoñecementos como o «Hospital amigo de los niños» e un servicio de urxencias «que é referente non só na comunidade autónoma de Galicia senón tamén no resto do territorio español, por ser pioneiro en proxectos como o Teleictus, actuacións en Síndrome Coronario Agudo e formador en Sistemas de Triaxe Hospitalario».

A terceira planta
En opinión do goberno local, a posta en funcionamento das Unidades de Xestión Integradas (EOXIS) permitiron crear estructuras sanitarias que, a súa vez, propician una xestión responsable «que poida responder os criterios de eficacia e eficiencia na Xestión dos recursos humanos e materiais, e sobre todo na xestión por procesos». Deste xeito, se está a cumprir coas recomendacións de ratios asistenciais que todas as sociedades científicas sanitarias especializadas aconsellan, «o que levou en algúns dos servicios do hospital a realizar reestructuracións nos cadros de persoal para adaptar ratios de persoal a actividade asistencial, o que non exclúe aumentos nas necesidades de contratacións de persoal cando o aumento da actividade asistencial, así o requira».

Como exemplo deste sistema de xestión responsable, o goberno local sinala «a apertura inmediata e completa da terceira planta do Hospital, en situacións de sobresaturación do centro» ou o feito de poder ofertar as pacientes obstétricas habitación individuais ou unha cama para os acompañantes dos pacientes paliativos.

Deja un comentario