+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

O CONSELLEIRO DE SANIDADE, JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA, E O ALCALDE DO CONCELLO, HORACIO GIL EXPÓSITO, ASINARON UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A ASUNCIÓN DOS CUSTES DE MANTEMENTO DO CENTRO DE SAUDE DE ARBO


o servizo galego de saúde asumira os custos de mantemento do centro de saúde de arbo.

O edificio Administrativo da Conselleria de Sanidade, en San Lazaro, acolleu hoxe pola maña o acto de sinatura dun convenio de colaboración, mediante o cal se establecen as bases de colaboración entre o Concello de Arbo e a Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia.
O convenio, que foi asinado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e polo alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, recolle que este concello pontevedrés comprométese a realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios a fin de posibilitar a cesión patrimonial do centro de saúde ao Sergas. .Pola súa banda, o Sergas comprométese á asunción dos gastos de mantemento do centro de saúde a partir do momento en que se proceda á formalización da súa cesión patrimonial.

O Pleno Municipal do Concello de Arbo, aprobababa o 28 de decembro de 2018 a cesión do Centro de Saude de Arbo ao Servizo Galego de Saude, para asumir os custos de mantemento, combustible, electricidade, entre outros gastos que ata a actualidade asumia o Concello. A cesión basease no Protocolo asinado en 2008 entre a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Consellería de Sanidade, no que se establece o procedemento para a asunción dos gastos dos centros de saúde por parte da Consellería, previa cesión ao SERGAS.

Según manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil Expósito, esta cesión formalizada no día de hoxe, posibilitará, que a entidade dependente da Xunta de Galicia se faga cargo do mantemento das instalacións nas que se ofrece o servizo sanitario de competencia autonómica. O rexedor asegura que isto suporá un aforro, para as arcas municipais, que ata o de agora sufragaban o custe do combustible, o consumo eléctrico, limpeza, servizo de desinfección, man de obra e os materiais para a reparación de avarías, entre outros conceptos. O alcalde tamén agradece ao Concelleiro don Jesús Vázquez, pola súa colaboración na mellora do Centro de Saude de Arbo nos últimos anos e o traballo realizado dende a súa Conselleria.

Deja un comentario