+034 986 09 02 04 Luns 01 de Xuño de 2020

Regresan os obradoiros para persoas maiores «Activa o Corpo, Activa a Mente»


O prazo de inscrición para cubrir as 40 prazas disponibles ábrese o luns. A actividade é gratuíta

A Concellería de Persoas Maiores pon en marcha no mes de marzo unha nova edición dos Obradoiros Activa o Corpo, Activa a Mente. Este programa conta cunha grande aceptación por parte do colectivo ao que vai dirixido xa que nas sesións realízanse terapias cognitivas, físicas e duais que inciden de xeito moi positivo no benestar dos mayores e na mellora da calidade da súa vida mediante a autonomía persoal. Trátase dunha actividade gratuíta na que poderán participar 40 persoas. O prazo de inscrición ábrese o luns, 23 de febreiro.

A empresa Sacendi, firma especializada na prestación de servizos sociosanitarios, será a encargada de impartir os obradoiros a desenvolver nunha sesión semanal de dúas horas de duración a celebrar no Auditorio entre marzo e xuño.

Os obradoiros divíndense en tres etapas. Na primeira traballaranse terapias cognitivas co obxectivo de adestrar a atención, memoria e concentración mediante actividades de estimulación sensorial, cáluclo, uso de novas tecnoloxías, musicoterapia e técnicas de linguaxe.

A segunda fase abordará as terapias físicas tendentes a mellorar a axilidade e mobilidade dos participantes. Nesta parte realizarán actividades como fisioterapia respiratoria, reeducación postural, prevención de caídas, reeducación da marcha ou kinesiotaping.

A última fase dos obradoiros Activa o Corpo, Activa a mente, desenvolveranse terapias duais, é dicir, ás que combinan o traballo sobre a área cognitiva, física e emocional. Nestas sesións abordarase a acupuntura, o Reiki. Traballarase a autoestima e a risoterapia e mesmo se realizarán exercizos de square step e Ramachandran.

Para desenvolver os obradoiros realizaranse dous grupos de 20 participantes cada un. As clases impartiranse en horario de tarde un día á semana en sesións de 2 horas. Os interesados en asistir deben inscribirse nas dependencias de Persoas Maiores dende o luns, 23 de febreiro ata o 5 de marzo.

Deja un comentario