+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

CORES TOURÍS COMPROBA AS OBRAS DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE EXECUTADAS POLA CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO NA PRAIA DE MACEIRA EN COVELO


 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que a obra contou cun orzamento de algo máis de 50.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras de mellora de accesibilidade que o concello de Covelo realizou na praia de Maceira grazas as axudas para a mellora das infraestruturas turísticas da Consellería de Cultura e Turismo e que supuxeron un investimento de algo máis de 50.000 euros.

O delegado territorial estivo acompañado na visita polo alcalde da localidade, Pablo Castillo.

Estas axudas, segundo explicou Cores Tourís, teñen como obxectivo fomentar a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos no medio rural cara a consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza hist´rocia, cultural, patrimonial e paisaxística. Grazas a elas os concellos poden levar a cabo traballos de recuperación paisaxística, iluminación ornamental dos recursos turísticos, recuperación de miradoiros, embelecementos de vías, soterramento de colectores de residuos ou eliminación de cabreado aéreo. Tamén se pode poñer en valor turístico recursos distintos do aloxamento de persoas, recuperar elementos de interese etnográfico ou de arquitectura rural, así como eliminar barreiras arquitectónicas.

En total, a Xunta de Galicia mobilizou 2,5 millóns de euros para este fin o pasado ano, dos cales, a provincia de Pontevedra beneficiouse de 727.143 euros para un total de 27 concellos que investiron un total de 1,1 millón de euros en este tipo de obras.

Na comarca do Condado-Paradanta foron seis os concellos beneficiados: Covelo, Crecente, A Cañiza, Arbo e As Neves, cunha axuda total de 154.437 euros.

En canto aos traballos executados na praia de Maceira en Covelo, o delegado puido comprobar como se levou a cabo a adecuación da comunicación peonil entre o novo parking desta área e a praia fluvial. Así, construíuse un pequeno muro de contención de pedra para estabilizar o noiro existente e conseguir un maior ancho de circulación de persoas. O muro é de mampostería de granito. Tamén se colocaron vallas de madeira de protección e pavimentouse a beirarrúa. En total, o investimento destinado a esta obra foi de 77.057 euros, dos cales, 50.087 foron aportados pola Consellería de Cultura e Turismo.

Deja un comentario