+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

A Asociación de Amas de Casa de Porriño visitou onte as instalacións do Novo Hospital de Vigo


Nesta visita organizada polo Concello de Porriño na que percorreron a totalidade das instalacións e coñeceron de primeira man como será o hospital que dará servizo ao noso municipio, estiveron acompañadas pola concelleira de Sanidade, María José Martínez

Unha representación da Asociación de Amas de Casa de Porriño acompañadas pola súa presidenta, Rosa Pereiro, e a concelleira de Sanidade, María José Martínez, percorreu a tarde de onte as instalacións do Novo Hospital de Vigo nunha visita guiada organizada polo Concello de Porriño.
A estrutura interna do Novo Hospital de Vigo encóntrase xa perfectamente definida, polo que o grupo puido visitar case a totalidade das instalacións e coñecer de primeira man como será o hospital que dará servizo ao noso municipio.
No transcurso da visita puideron comprobar o avanzado estado das obras e coñecer todos os bloques con que contará este novo centro, o de hospitalización, o ambulatorio e o bloque técnico. Así, o grupo formado por 30 veciñas de Porriño realizou un percorrido pola área de urxencias, os novos cuartos, a zona de consultas, maternidade e mesmo a zona cirúrxica.
Este Hospital Público, que estará situado na vangarda tecnolóxica, dará asistencia sanitaria á área sanitaria máis numerosa de Galicia, atendendo a máis de 600.000 veciños de Vigo e da súa área de influencia. Ao tratarse da obra sanitario público de maior envergadura que se está a acometer actualmente en España e tendo en conta que os veciños de Porriño serán usuarios deste centro, o Concello de Porriño quere facilitar e dar opción a todas as persoas ou grupos que estean interesados en coñecer as novas instalacións a acudir a unha xornada de portas abertas; para o que deberán anotarse previamente no Concello de Porriño.

Deja un comentario