+034 986 09 02 04 Martes 20 de Outubro de 2020

Curso de Monitores de Tempo Libre (Titulación Oficial da Xunta de Galicia)


Nota de Prensa Concello de Ribadumia.
Curso de Monitores de Tempo Libre e Programa “ Ler Conta Moito”.
Dende as Concellerías de Xuventude e Cultura, infórmase que están abertos os prazos para inscribirse nestas dúas actividades programadas dende as respectivas Concellerías.

Este curso dará comezo o 07 de marzo e rematará 02 de maio, impartirase os venres e sábados , 01,02,03 de abril e 01 de maio, en horario de 09 a 14 hs e de 15 a 21 hs. Con un total de 200 horas teóricas e 150 hs. Prácticas.
Condición indispensable , ter os 18 anos cumpridos e estar en posesión do graduado da ESO ou equivalente como mínimo.
O curso ten un custe de 220 euros, con un desconto de 20 euros para parados e xoves posuidores do carné xove.
Para formalizar a inscrición deberase retirar os empresos nas Oficinas da OMIX ou do Orientador Laboral sitas na Casa de Cultura de Ribadumia en horario de 09:00 a 14:00 hs de luns a venres ou de 15:00 a 21:00 hs de martes a venres.
PRAZAS LIMITADAS.

Programa “Ler conta moito”. Programa cofinanciado pola Consellería de Cultura e o Concello de Ribadumia, destinado a Bibliotecas de ámbito autonómico.

Esta nova edición dará comezo 06 de marzo ata o 19 de xuño, en horario de 17:00 a 18:15 hs aproximadamente, e será impartido por profesionais da Animación á lectura e vai destinada a rapaces de 06 a 10 anos.
O custe é gratuito.
Para formalizar a inscrición deberá facerse Biblioteca ou na OMIX (Casa de Cultura de Ribadumia) de martes a venres de 16:00 a 21:00 hs.

Deja un comentario