+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

MÁIS DE 70 PERSOAS DESFRUTARÁN A VINDEIRA SEMANA DO PROGRAMA “DEPOTERMAL” EN CUNTIS


A iniciativa de termalismo social da Deputación de Pontevedra beneficia este ano a 4.500 veciñas e veciños da provincia

Máis de setenta persoas de trece concellos da provincia desfrutarán esta vindeira semana do programa “Depotermal” organizado pola Deputación de Pontevedra, con estadías no Balneario Termas de Cuntis. Así, un grupo de 43 veciños e veciñas dos concellos de Pontevedra, Vigo, Lalín, Covelo, Cangas, Moaña, Vilagarcía, As Neves e Ribadumia, participarán neste programa a través da modalidade de pernoita, cunha estancia no Balneario de seis días e cinco noites, desde este domingo ao 13 de setembro, mentres que outros 29 cidadáns de Pontevedra, Cuntis, Cerdedo-Cotobade e Moraña o farán a través da modalidade diúrna, entre o 9 e o 13 de setembro, de xeito que durante eses cinco días desfrutarán das súas instalacións de termalismo.

O programa de termalismo e saúde da Deputación está dirixido a persoas nadas antes do 1 de xaneiro de 1969 e ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida da veciñanza da provincia, así como impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado de ánimo, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade. “Depotermal” permite tamén dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando así a demanda.

Este ano, un total de 4.419 persoas vanse beneficiar do programa termal, das que 1.186 o farán en asistencia diúrna (durante cinco días consecutivos) e 3.233 pers0as con pernoita (cunha estancia de seis días e cinco noites).

Deja un comentario