+034 986 09 02 04 Sábado 08 de Agosto de 2020

TURISMO DE CAMBADOS EN COLABORACIÓN CO GALP FAI UNHA VISITA GUIADA A ILLA DE SÁLVORA


Cruz Leiro concelleira de turismo en colaboración co GALP Ría de Arousa, programan unha visita guiada para todos as veciñas e veciños de Cambados a Illa de Sálvora o 20 de setembro de 2019.

Esta actividade atópase dentro do programa «Xornadas de Portos como Actividade Turística» do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Arousa na que contaremos con esta visita a Illa de Sálvora para un total de vinte prazas.

O período de inscripción xa está aberto e tense que realizar nas oficinas de Turismo de Cambados con data límite o 18 de setembro, esta actividade realízase en horario de mañá, saíndo desde o porto do Grove as 09:45 e aconséllase desde os organizadores que estén no punto de encontro 15 minutos antes da saída, o regreso realizarase na mesma mañá cun horario previsto de chegada ao porto do Grove ás 14:00 horas.

A alcaldesa Fátima Abal e a concelleira de Turismo Cruz Leiro aconsellan a todas as persoas que esten interesadas nesta visita que se anoten o antes posible na oficina de Turismo de Cambados, para que non queden sen poder visitar a Illa de Sálvora xa que lembran que tan só se dispón de 20 prazas, asemade agradece a o GALP este tipo de iniciativas que diversifican aos profesionais do mar , innovando e estimulando ao sector

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja un comentario