+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

MONDARIZ COMEZA O CURSO ESCOLAR CUN NOVO SERVIZO DE AULA MATINAL


Polo momento hai 14 nenos e nenas inscritos, pero o servizo continúa aberto a novas inscripcións

O curso escolar 2019/2020 comeza este mércoles en Mondariz coa posta en marcha dun novo servizo de aula matinal para os alumnos do CPI de Mondariz que o precisen. Este Plan Madruga foi promovido e organizado pola A.N.P.A. Río Tea, co apoio económico do Concello de Mondariz.

Funcionará en horario de 7:30 a 9:10 da mañá en aulas do centro educativo, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e laboral de nais e pais de alumnos/as. Polo momento hai 14 nenos e nenas inscritos, pero o servizo continuará aberto a novas inscricións durante o ano escolar.

No CPI de Mondariz estudian máis de 300 rapaces e rapazas de infantil, primaria e secundaria. Unha das prioridades políticas do goberno municipal, formado por representantes do BNG e do PSOE, é garantir uns servizos públicos de calidade. No eido educativo, están totalmente comprometidos co melloramento das instalacións e o servizo de comedor escolar.

Nas semanas previas ao inicio do curso, o Concello levou a cabo diversas obras de mantemento no CPI de Mondariz. Respecto ao servizo de comedor escolar, que o curso pasado foi obxecto de constantes queixas por parte de nais e pais de alumnos/as, o goberno municipal ten a vontade de apoiar ás familias que reclaman unha maior calidade da comida que se serve no centro. Aínda que non é unha competencia municipal, colaborará coa A.N.P.A. para acadar un servizo de comedor escolar realmente digno.

Deja un comentario