+034 986 09 02 04 Luns 01 de Xuño de 2020

O concello reforzará diversos servizos coa contratación de 34 operarios por un prazo de seis meses


Serán contratos a tempo parcial a través do Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais 2015 da Deputación

Varios dos servizos que o Concello presta nas rúas e instalacións públicas da cidade verán reforzado o seu persoal en breve a través do plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais que acaba de convocar a Deputación Provincial para o ano 2015. A través deste programa, Ravella poderá contratar a tempo parcial e por un periodo de seis meses a 34 operarios.

A proposta elaborada pola Concellería de Formación e Emprego aprobouse o venres na Xunta Local de Goberno e esta semana remitirase ao organismo provincial. O montante económico do proxecto ascende a 162.912,70 euros, dos cales solicítanse á Deputación 142.183,92 euros e o Concello aportaría os 20.728,78 restantes.

Os operarios demandados polo Concello distribuiranse en tres bloques. No de Conservación, rehabilitación e acondicionamento de infraestruturas e instalacións municipais e mobiliario urbán inclúense 28 traballadores a repartir entre o Servizo de Obras e o de Medio Ambiente. Tamén se demanda persoal para reforzar a área de Limpeza e mellora de praias e zonas medio ambientais, así como a de Atención de cemiterios municipais (2). Por último, o servizo de Deportes e o Auditorio tamén recibirán operarios de apoio a través do bloque de Mantemento de instalacións municipais.

A proposta debe ser aprobada agora polo organismo provincial. Unha vez confirme este extremo, o Concello poderá remitir a convocatoria ao servizo Públicos de Emprego, que será o encargado de realizar a preselección de candidatos entre os parados inscritos nas súas listas que comprar o perfil solicitado.

Ademais de cumprir estes requisitos, poderanse beneficiar deste plan de emprego os desempregados non preceptores de prestacións ou aqueles que reciban prestacións sociais para garantir os recursos económicos mínimos como RISGA, RAI ou PREPARA. Os contratos deberán estar formalizados antes do 1 de abril.

Deja un comentario