+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

PAZOS DE BORBÉN PON A PUNTO O CPI CURROS ENRÍQUEZ ANTES DO COMEZO DO NOVO CURSO


O Concello leva a cabo varias obras de mantemento e mellora estética no centro

O Concello de Pazos de Borbén finalizou a pasada semana os traballos de mantemento e acondicionamento no colexio Curros Enríquez. Os traballos tiñan como obxectivo preparar o centro de fronte ao curso 2008-2019 para que os alumnos atópense á volta de vacacións o seu colexio nas mellores condicións posible
Segundo indicou o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, “aproveitamos o verán para realizar aquelas obras necesarias para que o colexio inicie o ano nas mellores condicións posibles”, finalizou o edil.
As primeiras actuacións comezaron a finais do curso pasado co acondicionamento do edificio que acolle aos alumnos de primaria. Para iso, limpouse o perímetro exterior do edificio e a continuación aplicóuselle unha nova capa de pintura en cor azul. Ademais, durante o período estival procedeuse a realizar pequenos traballos de mantemento. En concreto levaron a cabo pequenas reparacións en aulas e cuartos de baño produto de uso intensivo.
Por último, durante as últimas semanas leváronse a cabo varias tarefas de mantemento nos exteriores do centro coa limpeza da masa vexetal do perímetro e o acondicionamento da zona verde da parte traseira do centro.
Do mesmo xeito, o alcalde explicou que “desde o Concello estamos a tentar dar un novo enfoque e maior apoio á educación con pequenos xestos e melloras como os plans para o transporte ou mellorar a conciliación familiar co plan madruga, ademais das axendas escolares que repartiremos as próximas semanas”, finalizou Iglesias.

Deja un comentario