+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

VINTE E DOUS MATRICULAS FORMALIZADAS E SEIS ALUMNOS QUE ESTABAN PENDENTES DE ADXUDICACIÓN, PODERÁN CURSAR POR PRIMEIRA VEZ O BACHARELATO DE ARTES EN PONTEAREAS


Despois de 19 anos de reivindicación da Comunidade Educativa, a Xunta de Galicia autorizou esta modalidade de estudos que se inicia este curso 2019-2020 cunha gran acollida

O Grupo Municipal do PP de Ponteareas congratúlase da boa acollida que tivo a implantación do Bacharelato de Artes no IES Val do Tea para este curso 2019-2020.

A portavoz popular, Belén Villar, que mantivo no último ano varias reunións coa Consellería de Educación para a implantación do mesmo, quixo informar e interesarse polo proceso de matriculación. “Os datos son moi bos. Vinte e dous alumnos xa matriculados, máis seis que estaban pendentes de matrícula aos que se lle vai a adxudicar a praza na comisión de escolarización. A Xunta fixo xustiza con esta reivindicación de toda a Comunidade Educativa e os datos demostran que era unha modalidade que si tiña demanda no noso municipio ”, explica Villar.

A portavoz agradece á conselleira de Educación, Carmen Pomar, a súa decisión de implantar este Bacharelato de Artes no municipio. “Sen dúbida foi a decisión máis acertada. Agradecemos a súa comprensión e a súa capacidade de diálogo xa que sempre nos atendeu e comprendeu desde o primeiro momento a nosa insistencia neste tema”.

Deja un comentario