+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO TRES PLANTAS DO EDIFICIO DE BENITO CORBAL PARA OS VINDEIROS 20 ANOS


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta mañá o convenio co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, asinaron esta mañá o convenio polo que a Xunta pon a disposición da Universidade tres plantas do edificio de Benito Corbal.

O vicepresidente da Xunta indicou que a Universidade dispón así de tres plantas no centro de Pontevedra para desenvolver o Campus Crea e destacou que esta ubicación permitirá á entidade achegarse á toda a cidadanía. A Universidade farase cargo dos custes de mantemento, así como de todos os gastos xerais, como subministracións, impostos, mantemento ou limpeza.

O novo e reformado edificio de Benito Corbal inaugurouse no mes de maio. Grazas a un orzamento total de preto de 5 millóns de euros, os case 6.000 metros do edificio situado no centro da cidade de Pontevedra albergarán nas súas tres primeiras plantas as oficinas de emprego, que ata agora estaban alugadas noutros dous locais. Nas plantas terceira e cuarta estarán os despachos das asociacións, mentres que as plantas 5ª, 6ª e 7ª estarán a disposición da Universidade de Vigo. Na 8ª planta estará a futura fundación Manuel Moldes.

Esta reforma forma parte dun compromiso máis amplo da Xunta coa cidade de Pontevedra, onde xa se inaugurou o novo edificio xudicial da Parda, cun orzamento duns 21 millóns de euros; se levou a cabo a rehabilitación da Ponte da Barca; e onde a Xunta segue traballando na estación intermodal de Pontevedra ou o Gran Montecelo.

Deja un comentario