+034 986 09 02 04 Domingo 15 de Setembro de 2019

O CONCELLO ANUNCIA A PRESENTACIÓN DUN CURSO DE CONDUCCIÓN SEGURA GRATUITO PARA VECIÑOS E VECIÑAS DO PORRIÑO IMPARTIDO POR IVAN ARES E OUTROS PILOTOS


O vindeiro mércores 18, ás 20 horas, serán presentados en roda de prensa os detalles do primeiro curso de conducción segura que promove o Concello, de xeito gratuito, con prazas limitadas e sómentes para veciños e veciñas de Porriño que acrediten estar empadroadas na nosa vila cunha antigüidade mínima de 6 meses. A Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure, organiza o curso a través da Policía Local do Porriño.
O curso será impartido por pilotos recoñecidos e coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo. Entre os pilotos que colaborarán está confirmado Ivan Ares, campeón de España de Rallys que tamén asistirá á presentación do vindeiro mércores.
As clases teóricas e prácticas serán impartidas por grupos paritarios de idade; os sábados de mañán e ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro.
O prazo de inscripción abriráse a partir do xoves 19, nas oficiñas da Policía Local.

Deja un comentario