+034 986 09 02 04 Luns 01 de Xuño de 2020

A Escola Infantil Municipal abre o 2 de marzo o período de renovación de praza para alumnos xa matriculados


O formulario de reserva deben recollelo no propio centro

O departamento de Servizos Sociais da Concellería de Traballo e Benestar informa de que o prazo de reserva de praza na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso ábrese o vindeiro luns, 2 de marzo, para aqueles nenos que xa están escolarizados no centro da Lomba. Posteriormente abrirase unha segunda quenda para que reserven praza os alumnos de novo ingreso.

As familias que xa contan con nenos escolarizados na Escola Infantil Municipal e que pretendan mantelos no centro durante o curso 2015/16 poderán tramitar as súas reservas do 2 ao 13 de marzo. Os interesados deberán recoller na propia gardería os formularios de solicitude, onde tamén figura o listado coa documentación que deben achegar, e presentalo todo no rexistro Xeral do Concello no prazo sinalado. Os impresos tamén se poden imprimir a través do taboleiro de anuncios da web municipal.

Os nenos e nenas matriculados en horario de tarde no presente curso, só poderán reservar praza nese mesmo horario. No caso de querer dispor de praza de mañá terían que presentar a solicitude de novo ingreso, no segundo prazo de reserva, e serán novamente baremados.

Unha vez rematado o período de renovación, abrirase o proceso de solicitude de praza para alumnos de novo ingreso. As familias interesadas deberán realizar o pertinente trámite entre o 16 e o 31 de marzo. As solicitudes recóllense na propia Escola Infantil e nos Servizos Sociais do Concello e tamén se poden imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal. Os formularios cubertos, xunto coa documentación requirida, deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

Deja un comentario