+034 986 09 02 04 Xoves 04 de Xuño de 2020

As entidades deportivas poden solicitar as subvencións da fundación a partir de mañá e ata o día 16 de marzo


As bases da convocatoria publícanse no BOP de hoxe, polo que o prazo de presentación ábrese mañá

A Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía informa aos clubs e entidades deportivas do municipio que a partir de mañá, 25 de febreiro, xa poden comezar a tramitar as solicitudes de subvencións ante este organismo. A convocatoria das axudas publícase no BOP de hoxe, polo que o prazo de presentación ábrese mañá e remata o 16 de marzo. Trátase das subvencións de promoción do deporte federado e para a organización de actividades extraordinarias.

A Fundación de Deportes adiantou este ano a tramitación da convocatoria das subvencións anuais para o deporte federado e para a organización de actividades deportivas co obxecto de que os clubs poidan solicitalas e cobralas canto antes. Un mes antes que o ano pasado, a Fundación de Deportes doulle o visto bo ás bases das convocatorias das dúas liñas de subvencións que ofrece anualmente e para as que dispón de 95.000 euros (80.000 para fomento do deporte federado e 15.000 para a organización de actividades deportivas extraordinarias realizadas durante o ano 2014).

Para facilitar e axilizar a tramitación por parte das entidades deportivas, o Consello Reitor incluíu este ano algúns apartados aclaratorios nas bases para evitar calquera tipo de dúbida. En relación as prazos de presentación das solicitudes, concrétase o procedemento de información das convocatorias aos clubs e se simplifican algúns formularios para facilitar o trámite.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte á publicación e será de 20 días naturais. Con esta precisión preténdese resolver a confusión que existía ata o de agora á hora de contabilizar os prazos.
Ademais, tan pronto como a convocatoria se publica no BOP, a Fundación informará aos clubs, vía correo electrónico, da convocatoria e do día exacto de apertura e finalización do prazo.

Deja un comentario