+034 986 09 02 04 Venres 30 de Outubro de 2020

ESGOTADAS EN MENOS DE 24 HORAS AS 300 PRAZAS DA DEPOANDAINA POLO MONTE DE SANTA TEGRA E A RUTA DOS MUÍÑOS DO FOLÓN


A penúltima andaina deste ano promovida pola Deputación de Pontevedra celebrarase o día 6 de outubro polos concellos da Guarda e do Rosal

En menos de 24 horas dende a apertura do prazo de inscrición quedaron esgotadas as 300 prazas que a Deputación de Pontevedra ofertou para a Depoandaina polo Monte de Santa Tegra e a Ruta dos Muíños do Folón. A institución provincial abriu non obstante unha lista de espera que se pechará en canto complete outras cen prazas.

Esta camiñada, que terá lugar o domingo 6 de outubro, é a penúltima das sete rutas programadas este ano pola institución provincial para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo. O itinerario, que percorrerá os concellos da Guarda e do Rosal, desenvolverase pola mañá e pola tarde. Así, na ruta da mañá, as persoas participantes percorrerán a localidade pesqueira da Guarda e o espectacular Monte de Santa Tegra. Despois do xantar, desprazaranse ao veciño concello do Rosal, para realizar a Ruta dos Muíños do Folón. Para facilitar a participación na ruta, a Deputación de Pontevedra habilita autobuses que sairán dende a praza de Galicia, de Pontevedra, e da praza de España, de Vigo.

Despois desta cita, as DepoAndainas chegarán ao seu remate este ano coa que terá lugar o día 12 de outubro pola ruta da Pedra e da Auga, no concello de Ribadumia. Para este itinerario a institución provincial abrirá o prazo de inscrición o vindeiro luns, 30 de setembro.

Deja un comentario