+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019
DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

DIANA MERA INTERVÉN MAÑÁ EN GONDOMAR COA PEZA “UN XARDÍN POR (RE)CONSTRUIR”, NO MARCO DO PROGRAMA DA DEPUTACIÓN “MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO”


Trátase da vixésimo primeira actuación deste programa, que busca visibilizar e concienciar sobre a lacra machista

A directora, actriz e dramaturga Diana Mera ofrecerá a súa acción escénica “Un xardín por (re)construír” mañá, sábado 28 de setembro, no concello de Gondomar. A intervención artística, que terá lugar ás 12:00 horas na Praza Doutor Latino Salgueiro e á que asistirán as deputadas provinciais Ana Laura Iglesias e Raquel Giráldez, enmárcase no programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o traballo de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade.

Na performance “Un xardín por (re)construír”, Diana Mera centrarase no seu corpo para reflexionar sobre cuestións relacionadas coa promoción da igualdade e a denuncia das violencias machistas que sofren as mulleres.

Este ano 2019 “Mulleres en Acción. Violencia Zero” volve reunir o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta cuarta edición comezou en novembro de 2018 e novamente se celebra en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Ponteareas, Salceda de Caselas, Vilaboa, Mos, Ponte Caldelas, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Barro, Lalín, O Grove, Silleda, Tomiño, Poio, As Neves, Illa de Arousa, Baiona, Cangas, A Guarda, Forcarei, Gondomar, Cuntis, Meis e Nigrán).

Deja un comentario