+034 986 09 02 04 Sábado 16 de Xaneiro de 2021

PAZOS DE BORBÉN FIXA O 15 DE XANEIRO E O 13 DE ABRIL COMO FESTIVOS LOCAIS EN 2020


A corporación mantén así as festividades de San Amaro e do Luns de Pascua
A corporación municipal de Pazos de Borbén aprobou esta mañá a designación dos dous días festivos locais que corresponden ao municipio para o próximo ano. As datas seleccionadas son o 15 de xaneiro, día en que se celebra a festividade de San Amaro, e o Luns de Pascua, que en 2020 será o día 13 de abril.
A proposta do equipo de goberno saíu adiante grazas á súa maioría no pleno xa que os grupos da oposición non prestaron o seu apoio á moción. Así, o portavoz do grupo Alternativa Veciñal, Luciano Otero, solicitou declarar o día de San Amaro como laborable e que o festivo local trasladásese á semana de entroido.
Pola súa banda, a tenente de alcalde, Eloisa Noguiera, defendeu durante o pleno esta designación destacando que “é unha festividade que levamos moitos anos celebrando e que está moi arraigada en todo o Concello, especialmente na parroquia de Amoedo”.
Do mesmo xeito, o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, destacou que “a festividade de San Amaro leva celebrándose moitos anos e é moi querida polos veciños, mesmo deu lugar a grandes festas gastronómicas como a cacheira. É unha tradición, e gústanos respectar as tradicións”, finalizou o edil.

Deja un comentario