+034 986 09 02 04 Sábado 14 de Decembro de 2019

O CONCELLO DE NIGRÁN CELEBRA ESTE MARTES 1 DE OUTUBRO O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES CUNHA ANDAINA


O Concello de Nigrán celebra este martes 1 de outubro o ‘Día Internacional das Persoas Maiores’ promovido dende a OMS cunha andaina pola Foz (A Ramallosa). A xornada arrancará ás 10:30 horas na Alameda de San Campio, na Ramallosa, onde a monitora Pilar Husling dirixirá ás 10:45 horas unha actividade física para iniciar ás 11:00 horas a andaina polo paseo de A Foz, volta por Monte Lourido e regreso ao punto de partida. Durante a camiñata cantaranse cancións populares. Finalizará ás 12:00 horas cuns estiramentos e lanzamento de confeti.
O Concello de Nigrán súmase deste xeito, e por vez primeira, á campaña iniciada pola Organización Mundial da Saúde en 1999 por un envellecemento activo, acción na que participan maiores de tódolos continentes.

Deja un comentario