+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

LETE LASA PARTICIPA DA INAUGURACIÓN DO CURSO 2019/2020 DOS CICLOS DE VELA E BALONCESTO NO IES FERMÍN BOUZA BREY DE VILAGARCÍA


O secretario xeral para o Deporte animou aos alumnos e alumnas a formarse, “porque a formación de técnicos é imprescindible para mellorar o nivel deportivo de Galicia ”

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou esta mañá no acto de presentación do curso 2019/2020 dos ciclos de Vela e Baloncesto no IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa. Acompañando ao equipo directivo, ao profesorado e aos alumnos e alumnas, José Ramón Lete quixo remarcar a especial relevancia que ten para o desenvolvemento deportivo de Galicia a existencia de técnicos profesionais especialistas nas respectivas modalidades deportivas. “A formación é imprescindible en calquera proceso de crecemento: como persoas, como sociedade e, por suposto tamén, para o deporte e os deportistas” apuntou o secretario xeral, quen animou aos alumnos e alumnas a traballar no curso que comeza, “co esforzo e determinación que caracterizan a todo deportista”, e recordando o futuro profesional que lles espera, tanto na promoción do deporte de base como na alta competición.

Finalmente o responsable de deportes autonómico quixo facer tamén un especial recoñecemento ao equipo directivo e docente pola súa dedicación e labor de “identificar e potenciar o talento, e de estimular e acompañar ao alumnado, como accións necesarias e precisas na realización dos mellores técnicos deportivos”.

Curso 2019/2020
Seguindo a práctica de anos precedentes, o IES Fermín Bouza Brey inclúe entre a súa oferta educativa para este curso 2019/2020 os ciclos formativos de grao medio e superior de baloncesto, e de grao medio técnico deportivo de vela con aparello fixo, aproveitando as instalacións do Centro Galego de Vela, adscrito á Secretaría Xeral para o Deporte.
A duración do ciclo de vela –que conta con 12 alumnos- é de 1.100 horas, mentres que a de baloncesto -61 alumnos e alumas- é de 1.005 horas o grado medio, e 755 o grado superior.

Deja un comentario