+034 986 09 02 04 Venres 15 de Novembro de 2019

AS NEVES ACOLLE A ‘XIV FESTA DO TINTO DAS RÍAS BAIXAS’ CUN PROGRAMA QUE EMPEZA ESTE XOVES E ABRANGUE DISTINTAS ACTIVIDADES DURANTE NOVE DÍAS


O programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este mesmo xoves, 3 de outubro, e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12.
Segundo sinala o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o obxectivo é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma gastronómicos, culturais ou paisaxísticos.
Con esta idea, o vindeiro xoves, terá lugar unha ‘Cata-maridaxe A catro mans’, ás 21:30h, no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro.
O sábado, día 5, ás 16:30 h,dende a Praza do Concello, sairá a ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorrerá viñedos de As Neves, completado a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.
Ese mesmo día, e ata o venres, 11, desenrolarase a ‘V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas’, no que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo pincho e viño a un prezo de 2,5€.
O sábado 12, chegará o ‘día central’ da cita deste ano, que empezará ás 10:30 h. coa apertura da Festa, dará paso ás 13:00h. ao pregón a cargo da actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez, quen abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.

Deja un comentario