+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Agosto de 2020

COGAMI FORMA EN VIGO A 15 PERSOAS CON DISCAPACIDADE PARA TRABALLAR NO COMERCIO


O curso, con duración de 100 horas, é unha das accións que desenvolve COGAMI dentro do programa de inclusión sociolaboral Máis Emprego que financia o Fondo Social Europeo e Fundación Bancaria “la Caixa”.

Dende que iniciou este programa en 2017, a taxa de inserción de persoas supera o 75%.

As instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) ten en Vigo (Rúa Teixugueiras, nº15, baixo, Navia) acollen a partir de hoxe un curso de Auxiliar de Comercio dirixido a persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral recoñecida para profesión habitual.
Esta acción formativa, con duración de 100 horas lectivas, 60 teóricas e 40 prácticas, impártese durante as mañás de luns a venres en horario de 9 a 14 horas ata o 25 de outubro, estando dividida nos seguintes módulos: técnicas de venta, xestión de stocks e inventarios, presentación e empaquetado de produtos e organización do punto de venda.
En total son 15 persoas as que inician o curso, 10 mulleres e 5 homes, proceden dos concellos de Vigo, Redondela, Nigrán, Ponteareas, Gondomar e Baiona. Todas elas comprenden idades de entre os 23 e os 57 anos, polo que o que buscan é, ou ben o acceso ao mercado laboral por vez primeira, ou conseguir unha reciclaxe profesional.
Esta formación, que financia Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego, programa que se desenvolve nas comarcas de O Salnés, Pontevedra e Vigo, co fin de dotar de competencias necesarias ás persoas con discapacidade de cara á inserción laboral.

Máis Emprego proporciónalle ao alumnado destrezas profesionais que lle permiten un rendemento competitivo no mercado laboral ademais de desenvolver habilidades persoais para a súa participación social.

Dende que iniciou este programa en 2017, lévanse impartido 18 cursos nos que se formaron un total de 177 persoas con discapacidade (74 mulleres e 103 homes). De todas estas persoas formadas, 130 delas conseguiron inserirse laboralmente tras pasar por Máis Emprego, das que 63 son mulleres e 67 son homes, co que conta, ata o de agora, cunha porcentaxe de inserción que supera o 75%.

En 2019 levamos realizados 3 cursos nos que se formaron 27 homes e 11 mulleres, logrando a inserción laboral de 14 persoas, 10 homes e 4 mulleres. Este que inicia hoxe, é o cuarto curso que imparte este ano o programa Máis Emprego.

Deja un comentario