+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

RICARDO PORTELA, SERÁ NOMEADO FILLO PREDILECTO DE CERDEDO-COTOBADE


 

A Moción presentada polo BNG e apoiada por unanimidade polo Pleno Municipal incluía adicar o ano 2020 a Ricardo Portela

Coincidindo co centenario do nacemento dunha das figuras máis recoñecidas da nosa música tradicional, o concello de Cerdedo-Cotobade, a iniciativa do BNG, acordou darlle a Ricardo Portela a categoría de Fillo Predilecto, a título póstumo.

O gaiteiro de Viascón terá tamén o seu ano. Un ano no que visibilizar e proxectar a traxectoria persoal e artística dun dos músicos máis celebrados e admirados do país, e no que todos e todas, Concello e colectivos culturais, irán da man para organizar actividades que poñan de relevo a importancia que para a música, para Cerdedo-Cotobade e para Galiza enteira tivo o grande mestre do toque pechado.

Dende o BNG congratulámonos de que a nosa iniciativa obtivese o apoio unánime da corporación, e estamos certos de que esta unanimidade, unido á unanimidade que existe no vecindario e nos colectivos sociais e culturais do Concello nos permitirá que o ano 2020, ano Gaiteiro Ricardo Portela, sexa unha ano excepcional que axude a proxectar o noso concello e o legado inmortal do gaiteiro de Viascón.

Deja un comentario