+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

MORAÑA INCREMENTA NUN 10% AS PRESTACIÓNS PARA FAMILIAS DO MUNICIPIO QUE TEÑAN A CARGO FILLOS CON DISCAPACIDADE


Estas axudas, para dez beneficiarios e que oscilan entre os 450 e os 900 euros, suman case 5.500 euros e van ser aprobadas no pleno de mañá

 

O Concello de Moraña vai aprobar o outorgamento de prestacións económicas para unha decena de familias do municipio que teñen ao seu cargo algún fillo con discapacidade despois de que o goberno local decidira incrementar a partida global en preto dun 10% ata alcanzar a contía de 5.469 euros. Con esta aportación municipal, preténdense aliviar os fortes gastos que xenera a vida diaria destas persoas, tanto para os seus desprazamentos como para o resto de actividades cotiás.

Estas axudas, que oscilan entre os 450 e os 900 euros dependendo do grao de discapacidade dos fillos a cargo e doutras circunstancias das familias, van ser abordadas, e posiblemente aprobadas, no pleno de mañá a proposta do goberno local tras o ditame favorable da comisión de Benestar Social. Posteriormente, notificaranse individualmente a todos os beneficiarios.

A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, calificou estas axudas de “fundamentais para as familias e irrenunciables para o goberno local” e precisou que se trata dunha partida que o executivo “estira sempre ata o máximo que pode dentro das posibilidades orzamentarias municipais porque a nosa filosofía céntrase na inclusión e na consecución dunha sociedade igualitaria e queremos axudar sempre a quen máis o
necesita”.

 

Deja un comentario