+034 986 09 02 04 Martes 19 de Novembro de 2019

O CONCELLO FORMA A 25 TRABALLADORES MUNICIPAIS EN REANIMACIÓN E UTILIZACIÓN DOS DESFIBRILADORES


Lourdes Ovelleiro entrega os diplomas do curso, que tivo lugar o pasado mes de xullo e foi impartido polo médico especialista Juan Campos

O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de rematar coa terceira edición das Xornadas de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e de utilización do Desfibrilador Semiautomático (DESA), nas que se formou a 25 traballadores municipais co obxectivo de que conten con estes coñecementos en materia de primeiros auxilios para afrontar calquer incidencia.

Por este motivo, a tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro fixo entrega dos diplomas acreditativos ao persoal que desenvolve a maior parte da súa actividade laboral na sede administrativa de Cerdedo e anunciou que, en vindeiros días, farase o propio cos traballadores do territorio de Cotobade. No acto estivo acompañada polo médico especialista e coordinador desta actividade formativa, Juan Campos.

Estas ensinanzas, que se impartiron durante varias xornadas no pasado mes de xullo, contaron principalmente coa participación de persoal de Protección Civil, dos servizos de primeira intervención, responsables das escolas deportivas e de música e traballadores doutras dependencias municipais.

Segundo explicaron os cursillistas asistentes, a formación recibida foi de gran utilidade para atender calquera emerxencia e aos veciños nos edificios públicos e amosaron a súa intención de que esta actividade se renove cada ano para tratar de chegar cada vez á maior parte da poboación.

Deja un comentario