+034 986 09 02 04 Venres 07 de Agosto de 2020

A XUNTA EXECUTA ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NOS RÍOS UMIA E TARRÍO AO SEU PASO POLO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA


Os traballos de mantemento están a levarse a cabo no treito interurbano deste ríos no se percorrido pola parroquias de Baión, Godos e Lantaño
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación nos ríos Umia e Tarrío ao seu paso polo concello de Vilanova.

Estes traballos de mantemento se están a levar a cabo no treito interurbano destes ríos ao seu paso polas parroquias de Baión (San Xoán), Godos (Sta. María) e Lantaño (San Pedro).

As obras céntranse no desbroce de maleza das marxes, na retirada das árbores e pólas caídas, e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de traballos, continúa traballando na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Deja un comentario