+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Outubro de 2019

A XUNTA E O CONCELLO DE CUNTIS COLABORAN NA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DA ILUMINACIÓN NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL AS CANTEIRAS


A directora xeral da Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitaron esta mañá o concello

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello de Cuntis acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o seu alcalde Manuel Campos. Ambas administracións colaboran na mellora da eficiencia enerxética da iluminación do campo de fútbol municipal As Canteiras.
A Xunta e o concello de Cuntis colaboran na reforma do alumeado desta instalación deportiva mediante a substitución dos proxectores actuais por outros de tecnoloxía LED máis eficientes co obxectivo de diminuír o consumo eléctrico e as emisións de dióxido de carbono á atmosfera, ao mesmo tempo que se consegue un importante aforro económico para o municipio grazas á redución dos costes de mantemento.
Durante a súa visita, Marta Fernández-Tapias, destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e son a administración máis próxima á cidadanía e, por tanto, a que mellor coñece as necesidades dos seus veciños.

Deja un comentario