+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Outubro de 2019

FESTA DÁ COLLEITA NA PARROQUIA DE SELA DE ARBO (PONTEVEDRA)


A asociación Cultural Virxe do Carme de Sela coa colaboración do Concello de Arbo e organizan o vindeiro venres 11 e Sábado 12 o seu tradicional Festa dá Colleita

Venres
Un ano máis, a xornada do venres empezará ás 20.00 horas na Praza da Feira onde se podra degustar Chourizos Asados e Viño novo a prezos populares, todo iso amenizado por DJ EVE e con Karaoke para todo o Público.
Sábado
A xornada do sábado, comeza n unha misa solemne en honra a Santa Isabel e San Martiño, e continuará ás 12:00 en sesión vermú cos gaiteiros “Leña Verda”, onde se ofrecerá tamén Polbo do Varanda.
Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, iniciaremos o clásico Desfile de Tractores, adornados como sempre con motivos de colleita. Sobre as 18:00 horas celebrarase o VII Concurso de Sobremesas Caseiras.
Pola noite gran Verbena amenizada por Trio Fusión e Os Camachuelos
O día rematará cunha gran queimada e chocolatada gratuíta.
A FESTA da Colleita de Sela, que comenzo nos anos 70, para honrrar e dar Grazas a Santa Isabel e San Martiño polos froitos recolleitos na colleita e que á súa vez tambien servia para que os veciños e veciñas de Sela, celebrasen por todo o grande o gran traballo realizado nos meses de setembro e outubro colleitando os produtos da Terra.
Para coñecer un pouco máis a festa pica na seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v= kkKDsv7 pAmE

Deja un comentario