+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Outubro de 2019

O DOG PUBLICA A CONVOCATORIA DESTE ANO DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN E PARA A RENOVACIÓN DA HABILITACIÓN DE CONTROL DE ACCESO


No ano 2010, o Goberno galego regulou por decreto os requisitos que deben cumprir os controladores para exercer as súas funcións
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias para a obtención e para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas. As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 20 días para solicitar a súa inscrición. A nosa comunidade conta xa con mais de 1.000 persoas con habilitación en vigor para realizar as funcións de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

No ano 2010, o Goberno galego regulou por decreto os requisitos que deben cumprir os controladores para exercer as súas funcións. Para desenvolver a función de control de acceso é obrigatorio contar coa habilitación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior xunto coa obtención do certificado acreditativo de ter superado as probas realizadas pola Agasp.

Entre as funcións dos porteiros, atópanse as de controlar a entrada das persoas ao establecemento, comprobar a súa idade, controlar a adquisición da entrada ou localidade, supervisar que non se exceda o aforo autorizado, vixiar que as bebidas non sexan sacadas do local, prohibir o acceso fóra do horario de peche, e incluso, se fora necesario, auxiliar ás persoas que se encontren feridas e chamar ao teléfono de emerxencias correspondente.

Os aspirantes realizaran unha proba de coñecementos (cuestionario de cincuenta preguntas tipo test, máis cinco de reserva, sobre temas relativos á Constitución Española, normativa básica do dereito de admisión, follas de reclamacións, posesións de armamento, medidas de seguridade en establecementos de concorrencia pública e primeiros auxilios), un exercicio de tradución dun texto do galego ao castelán e un test psicolóxico

Deja un comentario