+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

AS MEDIDAS MEDIOAMBIENTAIS IMPULSADAS POLO CONCELLO DE AS NEVES LOGRAN UN AUMENTO DA RECICLAXE, A BAIXADA NA RECOLLIDA DE RESTOS ORGÁNICOS E A DIMINUCIÓN DO RISCO DE INCENDIOS


 

O Goberno local segue adiante co plan que ten coma obxectivo converter As Neves nun concello sostible, reducindo cada día a contaminación, traballando polo respecto da natureza e dos seus hábitats, rebaixando o risco de incendios, facilitando ás veciñas e veciños as ferramentas que lles permitan facelo posible e servir de exemplo ás novas xeracións de cidadáns.

Máis de 1.000 composteiros
O Concello de As Neves entregou nun ano 1.050 composteiros- e impartiu charlas para o seu uso- que están a funcionar xa en outras tantas casas. Simultaneamente, instalou outros 5 Centros de Compostaxe Comunitaria en varios lugares da vila.

Puntos verdes
Como parte deste proxecto mediambiental, creáronse ‘puntos verdes’ e o Concello dispón dun novo ‘camión guindastre con trituradora’ que “permite abastecer de estrutúrante a composteiros e centros de compostaxe o que reduce as queimas e, con elas, o risco de incendio”, subliña Óscar González, segundo tenente de alcalde.

Máis reciclaxe
Dentro da “aposta decidida e sostida” pola reciclaxe, que para o Goberno é un dos “puntos clave” da súa xestión, tamén se aumentou o número de contedores para a recollida selectiva de envases, papel e cartón, vidro e roupa, colocados nas ‘illas de reciclaxe’, esparexidas por todo o territorio municipal.

Resultados do primeiro semestre
A comparativa dos resultados dos seis primeiros meses deste ano en relación co mesmo período de 2018, permite comprobar que “a aplicación destas medidas é unha aposta correcta e efectiva”.
Proba delo é que neste tempo a reciclaxe de vidro aumentou nun 20,81%, en relación co primeiro semestre do ano pasado; a de envases incrementouse nun 16,02% e a de papel nun 13,87%, mentres que reduciuse nun 8,7% a recollida de restos orgánicos.

Novo camión do lixo
Como parte da mellora deste proceso, o Concello vén de obter da Deputación de Pontevedra unha subvención de preto de 130.000€ para a compra dun novo camión para a recollida do lixo.

Nestes intres trabállase na elaboración dos pregos para a licitación do mesmo e a súa adxudicación de xeito que no primeiro semestre de 2020 sexa posible contar co mesmo.
Mentres, grazas ao convenio de colaboración con Salceda, polo cal este concello cede a As Neves un ‘camión compactador’ os días que se precisan e que non está sendo utilizado en Salceda.

Deja un comentario