+034 986 09 02 04 Venres 22 de Novembro de 2019

O CONCELLO DE MOS ORGANIZA UNHA SEMANA TERMAL EN MONÇAO


O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns, 14 de outubro

A concellería de Participación Cidadá organiza unha semana termal en Monçao, Portugal, que terá lugar do día 18 ao 22, do próximo mes de novembro.
O prazo de inscrición para todas as persoas interesadas en participar abrirase o vindeiro luns, 14 de outubro, e rematará o 8 de novembro.
O custe por persoa desta viaxe é de 179 euros e inclúe cinco días de pensión completa e spa no Hotel Bienestar.
Realizarase unha visita opcional ao Palacio da Brejoeira e ao Museo do Alvarinho.
Os/as interesados/as en obter máis información sobre esta viaxe poden chamar ao teléfono 986 33 94 04 e/ou dirixirse ás oficinas da OMIX no Multiusos das Pozas.

Deja un comentario