+034 986 09 02 04 Xoves 17 de Outubro de 2019

25 KM DE MARCHA E 12 KM DE SOLIDARIEDADE NA ANDAINA DE REGULARIDADE “PONTEAREAS25KM”


Todas as e os participantes poden aportar produtos de hixiene e non perecedoiros para o banco de alimentos
A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, en colaboración co grupo “Os do Condado” e co Club de Montaña Xistra anima a participar na marcha puntuable do Open de Andainas de Regularidade “Ponteareas25km” ou na Ruta Solidaria de 12 km que se celebrarán o domingo 27/10/2019.
A inscrición da proba de 25km debe realizarse na páxina web de galitiming http://cort.as/-SEOF

Esta marcha sairá dende a Praza Maior ás 09:00 horas para chegar a senda do Tea, Mondariz por paseo de Troncoso, cruzar Pías, Castro de Troña, Castelo do Sobroso, Picaraña e retornar ao pavillón.

Alma solidaria
Pola súa banda, a inscrición da proba de 12 km Ruta Solidaria de Ponteareas debe realizarse na seguinte ligazón http://cort.as/-SEwm cumprimentando o formulario anexo. Este percorrido ten unha finalidade benéfica polo que cada participante deberá doar un produto de hixiene e/ou alimentación non perecedoira para o Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas que se entregará no punto de saída.

A marcha solidaria de 12 km sae ás 10:00 a.m. tamén da Praza Maior, percorrendo a senda do Tea ata o Cristo do Piñón e regreso por Ribadetea ata enlazar coa senda do Tea e chegar ao pavillón.

Os participantes na marcha de 25 km tamén poden aportar doazóns co mesmo fin.

Marcha sen plásticos
Seguindo na liña da redución do consumo de plástico, os e as participantes deberán levar cantimploras porque non se repartirán vasos plásticos.

Rosa Covelo, concelleira de Medio Ambiente, agradece o traballo do grupo “Os do Condado” e de Xistra e salienta a importancia deste tipo de actividades que nos achegan ao medio natural e nos permiten coñecer lugares de alto valor ambiental e histórico. A concelleira convida a participar en familia e involucrar á mocidade para que faga seu o legado natural “para protexer, hai que coñecer. Só amosándolles o noso patrimonio medioambiental poden chegar a respectalo e amalo”. Todas estas iniciativas, ademais, camiñan na liña dos obxectivos marcados dentro da estratexia de futuro “Ponteareas, Hábitat Saudable”.

Deja un comentario