+034 986 09 02 04 Venres 13 de Decembro de 2019

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E O CONCELLO DE VILAGARCÍA COLABORARÁN PARA BUSCAR UN ESPAZO NO QUE O CLUB DE XUBILADOS POIDA DESENVOLVER AS SÚAS ACTIVIDADES


Parrado comprometeuse a analizar as alternativas dispoñibles e a buscar unha solución definitiva en coordinación co Concello de Vilagarcía de Arousa
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, reuniuse esta mañá con representantes do Club de Xubilados de Vilagarcía de Arousa e coa tenente de alcalde do Concello, Tania García, co fin de coordinar entre ambas as dúas administracións e a asociación a busca dunhas instalacións para que os xubilados desenvolvan as súas actividades. Neste senso, o director xeral de Inclusión volveu a reiterarlles o ofrecemento para que dispoñan do centro sociocomunitario de Vilagarcía, dependente da Xunta, adaptando as súas necesidades á programación deste centro.

Cómpre sinalar que a Xunta xa lles ofreceu esta posibilidade hai uns meses, cando os membros do Club de Xubilados tiveron que abandonar o espazo do que dispoñían na Casa do Mar do Instituto Social da Mariña, porque o Goberno central vai reformar este edificio.

Con todo, na xuntanza abordáronse máis alternativas que o director xeral de Inclusión Social se comprometeu a analizar co fin de buscar unha solución definitiva en coordinación co Concello de Vilagarcía, cada un dentro das súas competencias e posibilidades.

Deja un comentario