+034 986 09 02 04 Mércores 12 de Agosto de 2020

ACLARACIÓNS RESPECTO AO COBRO DO SUBMINISTRO ELÉCTRICO ÁS ATRACCIÓNS DAS FESTAS


O Concello de Ponteareas saíu ao paso das críticas realizadas por ACIP nas que denunciaba que a administración municipal se fixo cargo do consumo eléctrico das atraccións de festas en xuño e setembro.

A concelleira de Alumeado, Chus Garrote, explica que as atraccións sempre se fixeron cargo do seu subministro eléctrico até que no mes de xuño a empresa subministradora de electricidade comunicou ao Concello que, por cambios na normativa reguladora do sector, o subministro para as atraccións só podería realizarse e facturarse ao Concello.

Ao mesmo tempo, o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, aclara que a ordenanza municipal reguladora das atraccións non contempla o cobro do subministro eléctrico senón só pola ocupación de solo de uso público, o que impide ao Concello poder cobrar ás atraccións ese subministro mentres non se revise e modifique a ordenanza, unha tramitación que leva meses.

En consecuencia, o ocurrido débese a unha decisión da compañía subministradora, derivada dun cambio de normas da dirección xeral de enerxía e minas sobre instalacións eléctricas temporais de baixa tensión.

Por iso, o concello puxo en marcha o proceso de revisión da ordenanza reguladora das atraccións, non só para poder cargar aos titulares das atraccións o custo do consumo eléctrico senón tamén os gastos de supervisión técnica de todas as atraccións que realiza o Concello para velar pola seguridade desas atraccións. O goberno explica que a ordenanza estará en vigor para as seguintes festas nas que se instalen atraccións.

Nestes meses o concello está analizando tanto o consumo medio como a parte porcentual que custa os servizos de inspección e revisión para completar a nova ordenanza, segundo adianta a concelleira socialista Chus Garrote.

Deja un comentario