+034 986 09 02 04 Xoves 21 de Novembro de 2019

A XUNTA E O CONCELLO DE SOUTOMAIOR COLABORAN NA MELLORA DAS INSTALACIÓNS DA ÁREA DEPORTIVA A MONTESIÑA


A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada do alcalde, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello de Soutomaior acompañada polo seu alcalde, Agustín Reguera, onde ambas administracións colaboran na mellora das instalacións da área deportiva A Montesiña.
Durante a súa visita, Marta Fernández-Tapias, destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e da veciñanza, xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns. Ademais, os municipios son a administración máis próxima á cidadanía e, por tanto, a que mellor coñece as necesidades dos seus veciños.
A Xunta e o concello de Soutomaior colaboran na modernización das instalacións da área deportiva A Montesiña, que está formada polo pavillón polideportivo municipal, unha pista de tenis cuberta e tres pistas de pádel, dúas delas cubertas e outra ao aire libre. O proxecto contempla a substitución de toda a fontanería, incluíndo a canalización de auga fría e auga quente, as chaves de paso, as válvulas mezcladoras, así como os fluxores, as billas, os pulsadores e os rociadores das duchas.
Tamén se mellorará a iluminación do pavillón polideportivo e das pistas exteriores, ao cambiar os actuais halóxenos por novas campás de tecnoloxía LED máis eficientes. As obras inclúen ademais a substitución da malla electrosoldada no peche lateral das pistas de tenis e de pádel e a colocación de cubertas en policarbonato para as pistas exteriores.
Ambas administracións tamén colaboran este ano na adquisición dun vehículo híbrido para empregar polos servizos municipais en vías e obras.

Deja un comentario