+034 986 09 02 04 Xoves 14 de Novembro de 2019

CONCELLO E HOSTALARÍA PREPARAN UNHA NOVA EDICIÓN DOS BOCADOS DE OUTONO


A concellería de Promoción Económica convoca á hostalería para o deseño dunha nova edición de Bocados de Outono, este venres 18
Un ano máis, Ponteareas vivirá na primeira fin de semana de novembro unha nova edición da Feira de Outono. A concellería de Promoción Económica, que dirixe Eva Gil, convoca á hostalaría a unha reunión este venres día 18 ás 17:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello para o redeseño conxunto dunha nova edición de Bocados de Outono, organizada dentro da programación da XI Feira de Outono que terá lugar os vindeiros 2 e 3 de novembro.
Co obxectivo de mellorar cada edición, Eva Gil deseñará da man da hostalería as tapas que se ofrecerán, revisaránse os prezos e estudaránse os premios que a clientela recibirá como gratitude por confiar na hostalería local ademais de contemplar as posibles novidades que ofrecerá esta nova edición dos Bocados de Outono.

Deja un comentario